0
  • No products in the cart.

O Mesmo Animal

Artist: Martelo
Release Date: 1-4-2023
Genre: Rock
People: Manuel Cebrián (Guitarra), XMA (Baixo e voz), Max Gómez (Batería)

Tracklist

1. Algo pasou
2. Tempos complicados
3. Escusas
4. E ti?
5. Meu
6. Xente cativa
7. As palabras
8. Amén
9. Somos un

Lyrics

Algo pasou

Algo novo está pasando
algo que non está ben
eu xa non me creo nada
non me fío de ninguén
Desconfío se me miran
e se non miran tamén
algo novo está pasando
algo que non está ben

Antes eu non era así
antes eu era feliz
eu andaba polo mundo
i o mundo andaba por min
Antes todo encaixaba
ou se non, eso pensaba
antes eu non era así
antes eu era feliz

Algo non vai ben conmigo
Non me fío de ninguén

Algo debeu de pasar
e xa non hai volta atrás
esta situación mudou
algo seguro pasou
Xa non miro ás persoas
xa non vexo caras novas
algo debeu de pasar
e xa non hai volta atrás

Algo non vai ben conmigo
Non me fío de ninguén

Algo novo está pasando
algo que non está ben
eu xa non me creo nada
non me fío de ninguén
Desconfío se me miran
e se non miran tamén
algo novo está pasando
algo que non está ben

Algo non vai ben conmigo
Non me fío de ninguén

Tempos complicados

Sonche tempos complicados,
non son tempos pra pensar 
Sonche tempos complicados,
tempo de manipular
Tempo de ouvidos xordos,
de falar pra difamar
Sonche tempos complicados,
tempo de contaminar

Sonche tempos complicados,
é o tempo de mentir
Bocas sempre ben dispostas,
con veleno pra cuspir
Mentes sempre ben pechadas,
falan para confundir
Sonche tempos complicados,
tempos para destruir

Sonche tempos complicados,
e sería sempre así?
Nalgún tempo habería
outra forma de vivir
Outro xeito de pensar,
outro modo de sentir
Noutra vida camarada,
tempo para construir

Foron tempos complicados, que rematan xa por fin
Novos tempos son chegados, para ti e para min
Hora de facer uns cambios, desta vai, claro que si
Donos xa do noso tempo, hoxe mesmo e aquí!

O tempo é agora,
e o sitio é aquí,
a nosa revolta,
comeza por fin

Escusas

Naciches pobre, naciches rico, ai, que conflicto
Nacín abaixo, nacín arriba, ui, que movida
Nacín adiante, nacín atrás, xa me dirás
Nacín forrado, ou sen un chavo, que complicado
Naciches ben, naciches mal, pois heme igual
nacín querendo ou sen querer, que máis me ten
nacín soiño, ou acompañado, tráeme sen coidado
nacín morrendo, nacín vivindo, pois heme o mismo

escusas, escusas, escusas, escusas...

Naciches ghuapo, naciches feo, ui, que mareo
Naciches grande, nacín pequeno, lo flipas neno
Naciches dando ou recibindo, que divertido
Nacín na aldea, ou na cidade, que dualidade
Naciches dentro, naciches fora, a quen lle importa
nacín chegando, nacín marchando, ou dubidando
nacín na loita, ou no poder, que tanto ten
nacín sufrindo, ou disfrutando, ou intentando

escusas, escusas, escusas, escusas...

E ti?

Eu penso, e ti?
eu medro, e ti?
eu berro… e ti?
E TI? E TI?

Hoxe decidín que vou pensar, vou pensar, 
Hoxe decidín que vou medrar, vou medrar, 
Hoxe decidín que o que teña que dicir vouno berrar, vouno berrar

Hoxe decidín que o que quero é vivir
Hoxe decidín que eu son o que manda aquí
Hoxe decidín que a resposta que buscaba está en min, en min

Eu penso, e ti?
eu medro, e ti?
eu berro… e ti?
E TI? E TI?

Hoxe decidín que vou loitar, vou loitar, 
Hoxe decidín que vou medrar, vou medrar, 
Hoxe decidín que o que teña que dicir vouno berrar, vouno berrar

Hoxe decidín que non hai nada que perder
Hoxe decidín que ninguén me pode deter
Hoxe decidín que o medo tiña que desaparecer, desaparecer

Eu penso, e ti?
eu medro, e ti?
eu berro… e ti?
E TI? E TI?

Meu

Hoxe meu, eu penso en ti
e sufro por deixarte ir
Hoxe meu, xa non estás
usaches a porta de atrás
Hoxe meu, non queda nada
levaches o pouco que restaba
Hoxe meu, xa acabou
o que tiña pasar, pasou

Dime meu, que foi tan mal
por que deixamos de loitar?
Dime meu, que sucedeu
podía ter sido eu?
Dime meu, se estás tranquilo
pagou a pena todo isto?
Dime meu, se agora estás ben
eu xa non molestarei

Hoxe meu, non sei quen es
falamos por primeira vez
Hoxe meu, non digo nada
manteño a boca pechada

Xente cativa

Os nosos problemas non son tal
A nosa problemática é superficial
A nosa situación non é preocupante
Na axenda cativa non hai nada apremiante

Xente cativa de pensamento
Xente cativa por fora e por dentro
Raza cativa, mente cativa
Leira cativa, colleita cativa

Estamos preocupados por se sube o ipc
Estamos discutindo como queda o pib
A ver se me compensan os días de asuntos propios
A ver se a miña praza non lla regalan a outro

Xente cativa de pensamento
Xente cativa por fora e por dentro
Raza cativa, mente cativa
Leira cativa, colleita cativa

Pasou a vida, e nós planificando
Chegou a morte, e nós procrastinando
Xente cativa, sen opinión
Sempre quietiños agardando instruccións

Xente cativa de pensamento
Xente cativa por fora e por dentro
Raza cativa, mente cativa
Leira cativa, colleita cativa

As palabras

As palabras non me aguantan na boca

Fame, funil, fascista, forcada
Fillo, fronteiras, forza, ferro
Falo, fraude, forca, furancho
Fardo, fume, fácil, falso

As palabras non me aguantan na boca

Mágoa, mar, merda, menú
Madrid, mamón, medo, metal
Mentira, matar, meteorito, molaba
Mango, mallar, moito, martelo

Amén

Noso pai que estás no ceo,
ven a darte un garbeo
O meu nome santifica,
e botamos unhas risas.
Veña a nós todo o teu reino,
de mentiras e placebos
Noso pai que estás no ceo,
ven a darte un garbeo……..AMÉN…..

Así na terra coma no ceo,
estase poñendo feo
Fágase a túa vontade,
pola noite na cidade
O noso pan de cada día,
é de onte, non sabías?
Así na terra coma no ceo,
estase poñendo feo….

Noso pai que estás no ceo,
ven a darte un garbeo
Perdoa as nosas ofensas, e reforza as defensas
Líbranos do mal, líbranos do mal
Noso pai que estás no ceo,
ven a darte un garbeo…… AMÉN…..

Somos un

A mesma forza Universal
O mesmo sangue O mesmo animal 

Eu son negro, eu son gitano
Eu son sudaca, eu son africano
Un emigrante, un desprazado, 
Un senpapeis, un refuxiado, 

A mesma forza Universal
O mesmo sangue O mesmo animal 

Eu son indio, son subsahariano
Eu son moro, eu son rumano
Un mutilado, un repudiado
Un perseguido, un exiliado

Somos un...

Un planeta sen fronteiras
A nosa casa, a terra enteira
Unha cara, unha bandeira
A nosa casa, a terra enteira

Somos un!

About Album

O segundo disco de MARTELO, gravado nos estudos de MARTELO e SAVIK SOUND, por Tricky.