Martelo

Artist: Martelo
Release Date: 1-1-2013
Genre: Rock
People: Manuel Cebrián (Guitarra), XMA (Baixo e voz), Max Gómez (Batería)

Tracklist

Lyrics

Políticos, obispos, policías, banqueiros, militares, monxas, maderos, conselleiros,
Curas, xuices, deputadas, senadores, príncipes, ministras, arzobispos, monseñores,
Raiñas, sindicatos, conselleiras, presidentes, reis, senadoras, princesas, tenientes,
Diplomáticos, alcaldesas, xuizas, almirantes, ministros, sarxentos, alcaldes, comandantes

Estades despedidos, con carácter inmediato
recollede as vosas cousas, e liscade de contado
non vou dar explicacións, sonche tempos complicados
pero deixade o contacto, que se tal xa vos chamamos

Non me chore presidente, non me chore conselleiro
é que non nos dan os cartos, e vostedes son superfluos
non é nada persoal, é cuestion de prioridades
aprendimos a lección, agora toca austeridade

Agora hai que buscarse a vida, e empezar a ser rentables
acabouse o que se daba: a poñer copas nos bares!!!
Acabáronse os chanchullos, acabou o mamoneo
Se quitamos ó mamón, acabou a corrupción

Cada un polo que vale, non hai prevaricación,
xa non queda nepotismo, non me chore senador
Estades despedidos, con caracter inmediato
recollede as vosas cousas, e liscade de contado

Políticos, obispos, policías, banqueiros, militares, monxas, maderos, conselleiros,
Curas, xuices, deputadas, senadores, príncipes, ministras, arzobispos, monseñores,
Raiñas, sindicatos, conselleiras, presidentes, reis, senadoras, princesas, tenientes,
Diplomáticos, alcaldesas, xuizas, almirantes, ministros, sarxentos, alcaldes, comandantes

Estades despedidos, con caracter inmediato
recollede as vosas cousas, e liscade de contado
Estades despedidos, con caracter inmediato
pero deixade o contacto, que se tal xa vos chamamos

About Album

O traballo debut de MARTELO, gravado por Xurxo Pinheiro nunha xornada ao vivo no seu estudio de Chaián, Compostela.