0
  • Non hai produtos na cesta

Martelo

Artista Martelo
Data de publicación 1-1-2013
Xénero Rock
Músicos Manuel Cebrián (Guitarra), XMA (Baixo e voz), Max Gómez (Batería)

Temazos

1. Regulación de Plantilla
2. Non me tomes por idiota
3. Demasiada xente
4. This Is Not U.S.A.
5. Xa me tarda
6. Vende todo
7. Podo prometer e prometo
8. Ai xornalista
9. Ou non?

Letras

Regulación de Plantilla

Políticos, obispos, policías, banqueiros, militares, monxas, maderos, conselleiros,
Curas, xuices, deputadas, senadores, príncipes, ministras, arzobispos, monseñores,
Raiñas, sindicatos, conselleiras, presidentes, reis, senadoras, princesas, tenientes,
Diplomáticos, alcaldesas, xuizas, almirantes, ministros, sarxentos, alcaldes, comandantes

Estades despedidos, con carácter inmediato
recollede as vosas cousas, e liscade de contado
non vou dar explicacións, sonche tempos complicados
pero deixade o contacto, que se tal xa vos chamamos

Non me chore presidente, non me chore conselleiro
é que non nos dan os cartos, e vostedes son superfluos
non é nada persoal, é cuestion de prioridades
aprendimos a lección, agora toca austeridade

Agora hai que buscarse a vida, e empezar a ser rentables
acabouse o que se daba: a poñer copas nos bares!!!
Acabáronse os chanchullos, acabou o mamoneo
Se quitamos ó mamón, acabou a corrupción

Cada un polo que vale, non hai prevaricación,
xa non queda nepotismo, non me chore senador
Estades despedidos, con caracter inmediato
recollede as vosas cousas, e liscade de contado

Políticos, obispos, policías, banqueiros, militares, monxas, maderos, conselleiros,
Curas, xuices, deputadas, senadores, príncipes, ministras, arzobispos, monseñores,
Raiñas, sindicatos, conselleiras, presidentes, reis, senadoras, princesas, tenientes,
Diplomáticos, alcaldesas, xuizas, almirantes, ministros, sarxentos, alcaldes, comandantes

Estades despedidos, con caracter inmediato
recollede as vosas cousas, e liscade de contado
Estades despedidos, con caracter inmediato
pero deixade o contacto, que se tal xa vos chamamos

Non me tomes por idiota

Eu non son unha lumbrera
non son un xenio, iso seguro
pero tampouco son imbécil

Eu non subo ás tribunas
a dirixir a medio mundo
Pero eu sei ben do que falo

Pensar tira de pensar
saber tira de saber
facer tira de facer


Eu non teño solucións,
teño problemas, iso seguro
Pero non busco que me salven

Eu non necesito que
ti me protexas de min mesmo
grazas, apáñome soiño

Pido por favor que non me tomes por idiota

Demasiada xente

Demasiada xente demasiada xente
Somos demasiados, isto pinta mal
Demasiada xente demasiada xente
máis cedo que tarde, imos reventar

Demasiados ollos, demasiadas caras
demasiados corpos, demasiadas mans
Todos opinamos, todos respiramos
somos demasiados, e cheiramos mal

Demasiada xente demasiada xente
Somos demasiados, isto pinta mal
Demasiada xente demasiada xente
máis cedo que tarde, imos reventar

Demasiadas mans, e todas baleiras
hai moito bandullo, e todo por encher
Demasiada fauna, e moi pouca flora
os que sobren dentro, que saian pa fora

Demasiada xente demasiada xente
Somos demasiados, isto pinta mal
Demasiada xente demasiada xente
máis cedo que tarde, imos reventar

This Is Not U.S.A.

This is not u.s.a.
but I love you anyway
this is not u.s.a.
mira que che avisei

I come from Galiza babe
but I love you anyway
This is not U.S.A
mira que che avisei

I come from Galiza baby
I come from Galiza baby

Baby, you are so sweet
like an angel from my dreams
baby, I love you so
se me chamas, alá vou

Come on girl, please be true
and I always be with you
Listen girl, come to me
non te has arrepentir

I come from Galiza baby
I come from Galiza baby

This is not u.s.a.
but I love you anyway
this is not u.s.a.
mira que che avisei

I come from Galiza babe
but I love you anyway
This is not U.S.A
mira que che avisei

I come from Galiza baby
I come from Galiza baby

Xa me tarda

Quen me dera

Quen me dera morrer para non volverme a ver

Quen me dera

Quen me dera expirar pra non terme que escoitar


Xa me tarda...

Vende todo

A túa mente O teu corpo O teu instinto A túa pel...
A túa cara A túa opinión O teu cabelo A túa cor...
As túas mans O teu son As túas forzas A túa suor...
A túa gorxa A túa razón A túa lingua A túa voz...

Vende todo Vende todo Vende todo Gran Ocasión
Vende todo Vende todo Vende todo Liquidación...

O teu futuro A túa historia Os teus principios A túa loita...
Os teus dereitos O teu presente O teu pasado A túa xente...
O teu nome A túa dor A túa memoria O teu perdón...
A túa fe A túa sorte A túa vida A túa morte...

Vende todo Vende todo Vende todo Gran Ocasión
Vende todo Vende todo Vende todo Liquidación...

Podo prometer e prometo

Podo prometer e prometo
que aquí estamos de prestado
Podo prometer e prometo
que a morte non respeta a ninguén
Podo prometer e prometo
que non imos vivir para sempre
Podo prometer e prometo
que a morte todo vai varrer

Podemos estar seguros de
que a vida logo pasa
Podemos estar seguros de
que o tempo pouco é
Podemos estar seguros de
que a vida son catro días
Podemos estar seguros de
que ti mandas no teu

Podo prometer e prometo
que cada casa é un mundo
Podo prometer e prometo
“unha persoa: un povo”
Podo prometer e prometo
que o mundo non é un pano
Podo prometer e prometo:
“unha cara: unha bandeira”

Podemos estar seguros:
“onde comen dous comen tres”
Podemos estar seguros de
que hai sitio pra ti
Podemos estar seguros de
que cando nós marchemos
Podemos estar seguros de
que todo vai ficar aquí

Ai xornalista

ai xornalista, non sexas lacayo
encara ó teu xefe, e mándao po carallo

Cal é a noticia, cal o titular?
que sae na portada, ou no editorial?
quen o pensa, quen o escribe?
quen ordena, quen decide?
Quen é o amo da redacción?
e o responsable da difamación?
quen censura, quen informa?
quen corrixe, quen controla?
Quen vixía o que redactas
quen vixía con quen falas
quen decide que obedezas
quen decide se traballas
Quen mastica a realidade
e vomita manipulación
quen agocha a verdade
quen esconde a información

ai xornalista, non sexas lacayo
encara ó teu xefe, e mándao po carallo

En maiúsculas a mentira
en minúsculas a verdade
quen o pensa, quen o escribe?
quen ordena, quen decide?
Na portada a trapallada
a realidade distorsionada
quen censura, quen informa?
quen corrixe, quen controla?
Todo deporte, todo sociedade
e como non publicidade
e a información onde quedou
ó xornalista quen o matou
Ai xornalista espabila
e xa non nos han foder
dalle a volta á tortilla
e cuestiona o poder

ai xornalista, non sexas lacayo
encara ó teu xefe, e mándao po carallo

Tanto esforzo en despistar
en distraer, en camuflar
quen o pensa, quen o escribe?
quen ordena, quen decide?
A palabra ten poder
A verdade ten poder
quen censura, quen informa?
quen corrixe, quen controla?
Temos dereito a saber
temos dereito a aprender
temos dereito a coñecer
temos dereito a comprender
Temos dereito a informar
temos dereito a contrastar
temos dereito a cuestionar
temos dereito a falar

ai xornalista, non sexas lacayo
encara ó teu xefe, e mándao po carallo

Ou non?

Todo o que imaxines é certo
esta vida mola, todo é perfecto
Todo o que imaxines é certo
mires pra onde mires, todo está correcto
Todo o que imaxines é certo
petes onde petes, atopas todo aberto
Todo o que imaxines é certo
o tempo pasa, pero estás desperto
Todo o que imaxines é certo...
ou non?

Todo ó meu redor é brillante
calquer pensamento é alucinante
Todo ó meu redor é brillante
calquera opinión é edificante
Todo ó meu redor é brillante
calquer individuo é importante
Todo ó meu redor é brillante
pase o que pase, imos para diante
Todo ó meu redor é brillante...
ou non?

Todo o que sucede está ben
acepta o que che toque sen cuestionar que é
Todo o que sucede está ben
o que necesitas é ter un pouco de fe
Todo o que sucede está ben
encaixa o que che veña, sen preguntar por que
Todo o que sucede está ben
non importa o como nin o cando nin o que
Todo o que sucede está ben...
ou non?

Millor que manteñamos a calma

Ou non?

Sobre o disco

O traballo debut de MARTELO, gravado por Xurxo Pinheiro nunha xornada ao vivo no seu estudio de Chaián, Compostela.